Asemblea Xeral
A Asemblea é o órgano supremo de ASAC e radica nela a soberanía da asociación, por ser a expresión directa da vontade das socias e socios.
A Asemblea Xeral Ordinaria terá as seguintes facultades:
- Elixir a presidenta ou o presidente e a vicepresidenta ou o vicepresidente de ASAC, así como os restantes membros electivos que constitúan a Xunta Directiva.
- Intervir, do xeito que corresponda, nos asuntos de ASAC.
- Acordar as decisións que considere conveniente para a boa marcha de ASAC.
- Con periodicidade anual examinar e aprobar ou censurar o orzamento e as contas de ASAC.
- Aprobar, se procede, a acta da Asemblea Xeral anterior.
- Resolver sobre as cuestións e propostas que lle presente a Xunta Directiva.
- Aprobar as modificacións estatutarias.
- Ratificar a adhesión, federación ou asociación con outras entidades.
- Acordar a integración, fusión ou disolución de ASAC.
- Modificar o regulamento de réxime interno.
(ASAC Galicia. Estatutos. Art.15. Santiago de Compostela. 2011)
Xunta Directiva
A Xunta Directiva é o órgano que ten ao seu cargo o goberno, xestión e administración de ASAC.
A Xunta Directiva estará composta por:
- Un presidente/a
- Un vicepresidente/a
- Un secretario/a
- Un tesoureiro/a
- Resto de membros da Xunta Directiva terán a condición de vocais, con un mínimo de tres.
A Xunta Directiva ten as seguintes competencias e obrigas:
- Cumprir e facer cumprir as disposicións contidas nestes Estatutos e os acordos validamente adoptados polos órganos sociais de ASAC.
- Resolver os procedementos de adquisición e perda da condición de socia e socio.
- Elaborar e presentar á aprobación da Asemblea Xeral os orzamentos anuais, así como a memoria e contas de ASAC.
- Someter á Asemblea Xeral cantas propostas considere convenientes.
- Designar os representantes de ASAC ante calquera outra organización similar e organismos públicos ou privados.
- Instruír e resolver os expedientes disciplinarios.
- Aprobar os actos e contratos e exercitar os dereitos e accións que non estean expresamente reservados á Asemblea Xeral.
- Aprobar as achegas de ASAC a outras entidades.
(ASAC Galicia. Estatutos. Art.15. Santiago de Compostela. 2011)