Onde o Talento se converte en Emoción

ALTAS CAPACIDADES... SENSIBILIDADE E VISIBILIDADE

ASAC GALICIA

Creada no ano 1995 e con sede en Santiago de Compostela, a Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC Galicia) é unha asociación sen ánimo de lucro formada e dirixida polas familias de nenos e nenas con altas capacidades.

ASAC Galicia colabora estreitamente coa Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela para o establecemento dun marco de actuación en actividades de investigación e estudo das Altas Capacidades na Comunidade Autónoma de Galicia. Conxuntamente participan en proxectos de innovación e mellora das actuacións psicoeducativas con rapaces e rapazas con altas capacidades e no deseño de actividades e programas educativos para o desenvolvemento integral do colectivo.

DATAS PRIMEIRO CUADRIMESTRE

RONSEL DO CAMPUS 2025-2026

   18 de outubro de 2025 (ONLINE)
   25 de outubro de 2025 (ONLINE)
   08 de novembro de 2025 (PRESENCIAL)
   22 de novembro de 2025 (ONLINE)
   13 de decembro de 2025 (PRESENCIAL)
   20 de decembro de 2025 (ONLINE)
   10 de xaneiro de 2026 (PRESENCIAL)
   24 de xaneiro de 2026 (ONLINE)
   07 de febreiro de 2026 (PRESENCIAL)

DATAS SEGUNDO CUADRIMESTRE

RONSEL DO CAMPUS 2025-2026

   21 de febreiro de 2026 (ONLINE)
   07 de marzo de 2026 (PRESENCIAL DOBRE)
   21 de marzo de 2026 (ONLINE)
   11 de abril de 2026 (PRESENCIAL)
   25 de abril de 2026 (ONLINE)
   09 de maio de 2026 (PRESENCIAL)
   23 de maio de 2026 (ONLINE)
   06 de xuño de 2026 (PRESENCIAL)

Preocúpanos moito a túa privacidade. Por este motivo nosa web só usa cookies técnicas estritamente necesarias para garantir o funcionamento. OK