Dereitos
SON DEREITOS DAS SOCIAS E SOCIOS:
- Decidir sobre os asuntos de ASAC, tomando parte nas Asembleas, reunións ou actos para os que sexan convocados, con dereito a voz e voto.
- Ser elector e elixible como membro da Xunta Directiva.
- Exercer e servir os cargos para os que sexan elixidos ou designados.
- Coñecer a marcha económica de ASAC e examinar a contabilidade, dereito que terá que ser exercido por medio de escrito dirixido ao Presidente.
- Solicitar por escrito a inclusión na orde do día da Asemblea Xeral dos asuntos que estime oportunos, cumprindo os prazos e requisitos que máis adiante se establecen.
- Coñecer os acordos adoptados pola Asemblea Xeral e a Xunta Directiva de ASAC.
- A confidencialidade en relación cos datos que facilite a ASAC.
- Obter o texto íntegro dos Estatutos e Regulamentos que desenvolvan o contido dos Estatutos.
- É dereito das socias e socios de número, ademais dos citados no apartado 1 deste artigo, que o director do Comité Técnico ocupe un cargo permanente na Xunta Directiva.
- Son dereitos das socias e socios de mérito ademais dos incluídos nos epígrafes d) e seguintes do apartado 1 deste artigo, asistir ás Asembleas Xerais con voz pero sen voto.
- As asociadas e asociados colaboradores ou protectores non poden intervir na dirección de ASAC nin nos seus órganos de representación, pero están facultados para asistir ás Asembleas Xerais con voz, pero sen voto.
Deberes
SON DEBERES DAS SOCIAS E SOCIOS:
- Contribuír ao financiamento de ASAC mediante a satisfacción das achegas que lles sexan esixibles conforme aos compromisos que subscribisen e aqueles outros que aprobase a Asemblea Xeral, así como abonar os servizos non gratuítos que demandase.
- Cumprir os Estatutos e os acordos adoptados polos órganos sociais de ASAC.
- Absterse de calquera actuación, práctica ou conduta que impida o normal funcionamento de ASAC.
(ASAC Galicia. Estatutos. Art.8. Santiago de Compostela, 2011)