RONSEL DO CAMPUS
ASAC Galicia organiza o Programa de Enriquecemento Extracurricular Ronsel do Campus, baseado no modelo SEM do Doutor en Psicoloxía Joseph Renzulli, seguindo a metodoloxía dos “clusters”: grupos de traballo de enriquecemento con temáticas variadas guiados por expertos nas materias correspondentes. Ronsel do Campus foi creado pola doutora Carmen Pomar Tojo, profesora do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
A dirección, deseño e coordinación de Ronsel do Campus corre a cargo de Latento, segundo o acordo de colaboración firmado con esta entidade, a través dun equipo de psicólogos expertos en altas capacidades vinculados laboralmente a ASAC Galicia.
Actualmente, a dirección do programa recae na psicóloga Miriam Fernández Barreiros. Licenciada en Psicoloxía, Diplomada en Estudos Avanzados, Desarrollo, Familia, Educación e Intervención e experta universitaria en diagnóstico e educación dos alumnos con alta capacidade, Miriam Fernández participou como relatora en diversos congresos nacionais e internacionais, e tamén foi relatora en xornadas e cursos de formación específicos para profesorado. Dende 2007 forma parte da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela e dende 2013 foi a responsable da Área de Identificación e Detección.
O programa Ronsel do Campus está organizado en varios niveis, segundo a idade dos nenos. En cada nivel ofrécense diferentes talleres de índole artística, científica ou tecnolóxica, do que cada neno elixirá o que mellor encaixe cos seus intereses.
Por outra banda, cada nivel conta cun supervisor que presta apoio aos monitores que imparten os obradoiros, velando por dar resposta as necesidades individuais dos nenos e nenas dos diferentes grupos, en aras de conseguir o desenvolvemento integral de todos eles.
O curso divídese en dous cuadrimestres: un de outubro a febreiro e outro de febreiro a xuño.
Os obradoiros lévanse a cabo cunha periodicidade quincenal, fixándose o calendario dos mesmos ao principio de cada cuadrimestre, nas Facultade de Psicoloxía, Dereito e Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
Este ano, dado que a situación por mor da COVID-19 impide levar a cabo actividades presenciais coas debidas garantías sanitarias, desenvolverase unha edición virtual de Ronsel do Campus, denominada Enriquécete na nube! A selección temática dos talleres fíxose segundo as preferencias mostradas polos nenos e nenas participantes e será a seguinte: música, primatoloxía, desenvolvemento socioemocional, escritura creativa, zooloxía, artesanía, matemáticas, teatro, arte, radio, arquitectura, ciencia, deseño e construción, debate, fotografía e deseño de produto.
Tódolos talleres foron redeseñados para que a súa virtualidade non afecte á calidade dos mesmos. Polo mesmo motivo, foi adaptada a duración e o número máximo de asistentes aos mesmos.
As datas de celebración dos talleres do primeiro cuadrimestre do curso 2024/2025 son as seguintes.
DATAS DOS TALLERES, 1º CUADRIMESTRE
CURSO 2024-2025
26 de outubro de 2024 (ONLINE)
09 de novembro de 2024 (ONLINE)
23 de novembro de 2024 (PRESENCIAL)
14 de decembro de 2024 (ONLINE)
21 de decembro de 2024 (PRESENCIAL)
11 de xaneiro de 2025 (PRESENCIAL)
25 de xaneiro de 2025 (ONLINE)
08 de febreiro de 2025 (PRESENCIAL)
22 de febreiro de 2025 (ONLINE)
DATAS DOS TALLERES, 2º CUADRIMESTRE
CURSO 2024-2025
08 de marzo de 2025 (PRESENCIAL DOBRE)
22 de marzo de 2025 (ONLINE)
05 de abril de 2025 (PRESENCIAL)
26 de abril de 2025 (ONLINE)
10 de maio de 2025 (PRESENCIAL)
24 de maio de 2025 (ONLINE)
07 de xuño de 2025 (PRESENCIAL)
14 de xuño de 2025 (ONLINE)
Para participar nos obradoiros é necesario ser socio de ASAC Galicia. Se estás interesado, podes visitar o apartado Únete da web.
Recordámosvos o calendario do primeiro cuadrimestre deste curso 2020-21 de Enriquécete na nube!
Vémonos en xaneiro
9 xaneiro 2021
23 xaneiro 2021
6 febreiro 2021
20 febreiro 2021
27 fe...
09
MAR
Se cancelan los talleres y la escuela de padres del sábado 14 de marzo
Como todos sabéis, en Galicia tenemos ya varios casos confirmados de infección por el virus COVID19, más conocido como Coronavirus. Uno de los últimos es una profesora del Colegio ...
17
XAN
Exposición fotográfica
Este sábado 18 de xaneiro de 12:00 a 14:00 horas, Elena Reigosa colaborará no taller de nivel violeta ?Cooltural? abordando o tema da perda dun ser querido. As familias interesadas neste tem...
Socios, nais e pais de ASAC Galicia.
Co fin de cumprir as normativas vixentes, vémonos na obrigación de asinar un documento de autorización para a saída dos talleres Ronsel d...
21
OUT
Horario do primeiro día de talleres Ronsel do Campus.
*Nas facultades publicaranse os listados por grupos e as aulas correspondentes para a entrada e a saída desta primeira sesión.
**As familias novas con fillos/as que se incorporan a obradoiro...
08
OUT
Los talleres Ronsel do Campus de ASAC Galicia tienen fechas cerradas para su primer cuatrimestre.
Buenos días.
Los talleres Ronsel do Campus de ASAC Galicia tienen fechas cerradas para su primer cuatrimestre.
2019/10/26
2019/11/16
2019/11/30
2019/12/14
2019/12/21
2020/01/11
2020/01/18
202...
O sábado 15 de xuño teremos a sesión final de cuadrimestre dos Talleres Ronsel do Campus coas familias.
Os espazos son os habituais, exceptuando o nivel Violeta que pasan da Faculta...
ACTIVIDADES COAS FAMILIAS RONSEL DO CAMPUS. PSICOLOXÍA
O sábado 15 de xuño teremos a sesión final de cuadrimestre dos Talleres Ronsel do Campus coas familias.
Os espazos son o...
31
MAI
"Laboratorio Radiofónico" Nivel Azul
O pasado sábado, no noso taller de radio entrevistamos a André Cerdido Pastor -Pequeno Monstro- un namorado da radiodifusión libre e comunitaria, cofundador de Rádio Filsipim de ...
03
MAI
El pasado sábado hemos ampliando nuestra pequeña gran tripulación de "viaxando polo Mundo".
Nuestros intrépidos tripulantes tuvieron la oportunidad de invitar a sus familias para emprender una emocionante aventura conjunta. Esta no podía empezar de otra forma que observando, analiz...