Misión e Valores
                                                
                                                Misión
                                                
                                                    Asac Galicia ten como misión apoiar ás persoas con AACC e ás súas familias promovendo a reivindicación e o exercicio dos seus dereitos, co obxectivo de favorecer a súa calidade de vida e conseguir a igualdade de oportunidades.
                                                
                                                
                                                    Neste senso, representa institucionalmente ao colectivo e promove, coordina e realiza no ámbito autonómico e estatal accións de defensa do colectivo, de sensibilización e investigación, de desenvolvemento e implantación de  programas baseados no coñecemento científico e a boa práctica, así como iniciativas que favorecen a inclusión e participación social, a formación e o asesoramento de profesionais, familias e persoas con AACC.
                                                
                                                
                                                    Valores
                                                    
                                                        ASAC Galicia e as persoas que forman parte da mesma relaciónanse e actúan conforme aos seguintes valores:
                                                    
                                                 
                                                
                                                    1. Especialización e Individualidade
                                                    
                                                        Dada a heteroxeneidade das Altas Capacidades, faise necesario proporcionar contextos adaptados e dispor de apoios flexibles e diversos que respondan ás situación e necesidades individuais dos nenos e nenas con AACC.
                                                    
                                                 
                                                
                                                    2. Reivindicación
                                                    
                                                        ASAC Galicia é una asociación promovida por familias que defenden con gran implicación os dereitos dos seus familiares AACC.
                                                    
                                                 
                                                
                                                    3. Compromiso e Solidariedade
                                                    
                                                        ASAC Galicia somos todos. O compromiso solidario de todas as familias que a compoñen resulta fundamental para desenvolver a súa misión, asentándose no sentido de pertenza e antepoñendo o ben común aos intereses individuais das organizacións ou persoais dos membros que a integran.
                                                    
                                                 
                                                
                                                    4. Coherencia
                                                    
                                                        ASAC Galicia esfórzase por facilitar contextos nos que as persoas e os seus colaboradores desenvolvan a súa actividade en coherencia coa identidade da organización.
                                                    
                                                 
                                                
                                                    5. Transparencia e Rendemento de Contas
                                                    
                                                        O  carácter de ASAC Galicia esixe que a súa actividade e xestión dos recursos se faga con transparencia, favorecendo o rendemento de contas dos resultados que se obteñen.
                                                    
                                                 
                                                
                                                    6. Innovación
                                                    
                                                        A incorporación de iniciativas novas que aumenten a súa efectividade e logro de resultados, fai necesario un compromiso de mellora continua dos procesos que ASAC Galicia leva a cabo coa finalidade de prestar unha mellor atención ao colectivo ao que se debe.