TRABALLAMOS POLAS AACC
Dende ASAC Galicia esforzámonos por dar unha mellor resposta ás necesidades do colectivo de persoas con AACC (Altas Capacidades). As nosas accións diríxense a cinco áreas que constitúen as nosas prioridades estratéxicas:
1. Incidencia en Organismos Públicos
Para promover e defender os dereitos das persoas con AACC, dende ASAC participamos proactivamente en desenvolvementos normativos e acordos de colaboración que recoñezan ás AACC de xeito efectivo.
2. Incidencia Social
Concienciar á sociedade da realidade que están a vivir as persoas con AACC é fundamental para a súa plena inclusión e aceptación. Dende ASAC Galicia potenciamos e melloramos a imaxe social do colectivo mediante accións de sensibilización e visibilización que inciden especialmente nos medios de comunicación e na sociedade.
3. Converxencia Asociativa
Traballamos pola converxencia, cohesión e compromiso do movemento asociativo das Altas Capacidades a nivel nacional en particular e das NEAE en xeral.
4. Investigación
Promovemos a investigación social e facilitamos a transferencia de coñecemento sobre as AACC en diferentes áreas (educación, sanidade), mediante estudios propios, colaboracións e accións formativas.
5. Formación
Orientamos os nosos esforzos ás necesidades das persoas con AACC, traballando activamente por mellorar a atención das altas capacidades mediante o desenvolvemento de programas, proxectos e plans de formación dirixidos a profesionais e ás familias de persoas con AACC.