INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS
De conformidade co establecido na normativa vixente en Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os seus datos serán incorporados ao sistema de tratamento de titularidade de ASAC Galicia con CIF G-15515588 e domicilio social sito na Rúa do Tambre 17 – 15705 Santiago de Compostela, coa finalidade de poder atender aos compromisos derivados da relación que mantemos con vostede. No cumprimento da normativa vixente, ASAC Galicia informa que os datos serán conservados durante o prazo estritamente necesario para cumprir cos preceptos mencionados.
Mentres non nos comunique o contrario, entendemos que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificarnos calquera variación e que temos o seu consentimento para utilizalos para as finalidades mencionadas.
ASAC Galicia informa que procederá a tratar os datos de maneira lícita, leal, transparente, axeitada, pertinente, limitada, exacta e actualizada. Por este motivo ASAC Galicia comprométese a adoptar todas as medidas razoables para que estes se supriman ou rectifiquen sen dilación cando sexan inexactos.
Segundo os dereitos que lle confire a normativa vixente en protección de datos poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, limitación de tratamento, supresión, portabilidade e oposición ao tratamento dos seus datos de carácter persoal así como do consentimento prestado para o tratamento dos mesmos, dirixindo a súa petición á dirección postal indicada anteriormente ou ao enderezo electrónico info@altascapacidadesgalicia.org
MODIFICACIÓN DOS CONSENTIMENTOS
A información dos tratamentos que consente estará sempre accesible a partir do 25 de maio. Poderá modificala sempre que queira, axuntando fotocopia do DNI e solicitando a acción que desexe dende esa data dirixindo a súa petición á dirección postal indicada anteriormente ou ao enderezo electrónico info@altascapacidadesgalicia.org
DETALLE DA INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS
RESPONSABLE: ASOCIACIÓN DE ALTAS CAPACIDADES DE GALICIA - ASAC GALICIA con CIF G-15515588
ENDEREZO: Rúa do Tambre 17 – 15705 Santiago de Compostela
CORREO ELECTRÓNICO: info@altascapacidadesgalicia.org
FINALIDADE:
As finalidades principais de tratamento dos seus datos persoais son:
- Envío de comunicacións informativas
- Xestión da relación de servizos contratados por vostede coa Asociación
- Demostración dos requirimentos para obter a condición de socio/a
- Publicación de material gráfico (imaxes, vídeos, etc) na páxina webe, redes sociais propias de ASAC Galicia, redes sociais con carácter profesional dedicadas á divulgación educativa dos monitores ou dos membros do Equipo Técnico do Programa Ronsel do Campus e nos blogs educativos propios dos obradoiros ou dos monitores que os conducen.
- O material gráfico estará suxeito a un uso exclusivamente ligado á divulgación de carácter educativo sendo o seu principal obxectivo dar visibilidade ao traballo que se leva a cabo en todas as actividades organizadas en ASAC Galicia e insistir na importancia de que todas as persoas con altas capacidades reciban unha atención plena e integral axustada ás necesidades específicas de apoio que presentan.
CONSERVACIÓN:
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación coa entidade e non se solicite a supresión polo interesado, serán conservados conforme aos prazos legais establecidos.
DECISIÓNS:
A Asociación non adoptará decisións automatizadas, perfiles ou lóxica aplicada aos seus datos.
LEXITIMACIÓN:
Tratamos os seus datos de carácter persoal sobre a base de:
- Seu consentimento (para as finalidades anteriormente descritas)
- A necesidade do tratamento para a execución do contrato subscrito con vostede
DESTINATARIOS:
Durante o período de duración do tratamento, ASAC GALICIA non realizará ningunha cesión, salvo obrigación legal, nin tampouco transferencia algunha.
DEREITOS:
Dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación ou oposición ao tratamento dos seus datos, así como retirar o consentimento prestado ao formular reclamacións ante a Autoridade de Control.
PROCEDENCIA DOS DATOS:
O propio interesado ou o seu representante legal.
INFORMACIÓN ADICIONAL:
Se ten calquera dúbida ou preocupación acerca do xeito en que tratamos e usamos os seus datos persoais ou desexa exercer calquera dos dereitos, póñase en contacto con ASAC Galicia no correo electrónico info@altascapacidadesgalicia.org ou escríbanos ao seguinte enderezo: Rúa do Tambre 17 – 15705 Santiago de Compostela.
Reciba un cordial saúdo,
A Xunta Directiva de ASAC Galicia