Procedemento de alta
                                        
                                            O procedemento de alta comeza cunha reunión de incorporación de novos socios, da que se informará a través da nosa web.
                                        
                                        
                                        
                                            As familias interesadas en asociarse deben aportar os seguintes documentos cumprimentados debidamente á Xunta Directiva de ASAC Galicia de xeito presencial, por correo postal ou por correo electrónico no enderezo tesoreria@altascapacidadesgalicia.org.
                                            
                                            A falta dalgún dos datos/documentos esixidos pode motivar o rexeitamento da solicitude de admisión:
                                        
                                        
                                            
1. Informe de valoración AACC do neno ou nena
                                        
                                        
                                            
2. Solicitude de admisión
                                        
                                        
                                            
3. Documento de datos bancarios
                                        
                                        
                                            
4. Autorización para o tratamento de datos persoais de menores
                                        
                                        
                                            
5. Cesión de dereitos de imaxe
                                        
                                        
                                            
6. Autorización de recollida de menores nos talleres
                                        
                                        
                                            O Equipo Técnico de ASAC Galicia e a Xunta Directiva serán os encargados de verificar que se dan as condicións e requisitos que se esixen nos estatutos para a alta na asociación.
                                        
                                        
                                            Cumpridas as especificacións, a nova familia será informada da existencia de praza que deberá aceptar ou rexeitar. Unha vez aceptada, informaráselle da súa inclusión como membro de ASAC Galicia e comezará a gozar de tal condición en todo canto abrangue a dereitos e obrigas.
                                        
                                        Procedemento de baixa
                                        
                                            A instancia de comunicación de baixa entregarase á Xunta Directiva de ASAC Galicia de xeito presencial, por correo postal ou por correo electrónico no enderezo tesoreria@altascapacidadesgalicia.org. En calquera caso, dende a Asociación darase acuse de recibo ao solicitante da baixa.
                                        
                                        
                                            A data límite para darse de baixa de cara ao segundo cuadrimestre de obradoiros dun curso en vigor é o 15 de xaneiro, e de cara ao vindeiro curso, o 1 de xullo. As familias sen talleres que queiran causar baixa en ASAC poderán facelo un mes antes da data programada para a domiciliación do recibo de cada una das cotas de socios.