Asociación de Altas Capacidades de Galicia
info@altascapacidadesgalicia.org
ASAC
Quen Somos
Información Asociativa
A Nosa Identidade
Obxectivos
Colaboradores
Preguntas frecuentes
Que facemos
Traballamos polas AACC
Incidencia en organismos públicos
Incidencia social
Converxencia asociativa
Investigación
Formación
Actividades
Ronsel do Campus
Escola de Familias
Ludoteca
Iniciativas ASAC
+ ASAC
Únete
Unirse a ASAC Galicia
Dereitos e Deberes
Outras vantaxes de ser socio
Procedemento
Noticias
Taboleiro xeral
Noticias ASAC Galicia
Axenda ASAC Galicia
Noticias Xerais AACC
Área familias
Volver atrás
22 JUN de 2018
ENCONTRO CON ASAC: NON SON RARO, 23 ANOS DE TALENTO EN GALICIA
Encontro ASAC - AGAES
O día 10 de marzo celebramos o primeiro encontro coa Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC) na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, que respondía a unha crecente demanda por parte de socios e socias da Asociación Galega de Amigos de ESTALMAT-Galicia (AGAES), co título: "Encontro con ASAC: non son raro, 23 anos de talento en Galicia". A presidenta e a vicepresidenta de ASAC proxectáronnos un interesante e reivindicativo video da súa asociación, dando lugar de inmediato a algunhas intervencións por parte dos asistentes ao acto, nais e pais do alumnado de ESTALMAT-Galicia e socios/as de AGAES, así como da decana da Facultade e da coordinadora coas Familias de ESTALMAT-Galicia presentes no acto. As distintas intervencións puxeron de manifesto as diferenzas entre os dous proxectos: por unha banda a Unidade de Estudo e Investigación en Superdotación da USC e por outra ESTALMAT-Galicia (estímulo do talento matemático). A Unidade de Estudo e Investigación en Superdotación da USC colabora coa Asociación de Altas Capacidades, cuxo obxectivo é fornecer un lugar de encontro das familias de nenos con alta capacidade intelectual, mentres ESTALMAT-Galicia colabora con AGAES cos obxectivos de detectar e tratar o talento matemático precoz. Conscientes destas diferenzas, deixamos a porta aberta a futuras colaboracións entre as distintas asociacións para chegarmos a unha formación complementaria para familias e alumnado. Agradecementos: Á decana da Facultade de Matemáticas pola súa presenza e disponibilidade do Centro. Ás nosas convidadas: presidenta e vicepresidenta de ASAC. Á Coordinadora coas familias de ESTALMAT-Galicia. Saúdos A directiva de AGAES
Noticia general
Converxencia asociativa
1403 veces
lérona
Enlaces:
ENCONTRO ASAC - AGAES