O Portal WEB de ASAC

A web da ASAC pretende dar información, formación e sensibilización a todas as persoas e colectivos que teñen, dunha maneira ou doutra, relación con persoas de AACC: as familias, os membros das comunidades educativas, os comunicadores,… porque de todos eles depende o desenvolvemento equilibrado de nenos e nenas cunha característica especial.

¿ Quén somos ?

ASAC é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 1995 como lugar de encontro das familias de nenos con alta capacidade intelectual. Con sede na Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela, esta asociación de pais pretende, a través de obradoiros de enriquecemento e saídas culturais, estimular as capacidades dos seus fillos e proporcionar un ambiente que facilite a convivencia e o desenvolvemento das habilidades sociais. Ademais, prográmanse distintas conferencias e charlas para orientar e formar aos pais no mundo das Altas Capacidades. Un Equipo Técnico colabora na organización das actividades ao tempo que presta información e axuda a aquelas familias e nenos que o necesiten.

Na actualidade somos preto de 300 socios, e aínda que a nosa prioridade xira en torno ao funcionamento da asociación, o noso traballo intenta abarcar outros aspectos, entre os que destacan os seguintes:

  •   Favorecer a investigación sobre as Altas Capacidades, colaborando co Equipo Técnico da Universidade de Santiago de Compostela.
  •   Iniciar e manter un diálogo fluído coa Administración, co fin de que a Consellería de Educación asuma a obriga de adaptar o sistema educativo ás necesidades destes nenos, favorecendo a formación de profesores e orientadores.
  •   Publicitar a nosa Asociación, informando á sociedade sobre a problemática que afectaás nosas familias.

Junta directiva

La Junta Directiva del AMPA del Colegio NombreColegio para el curso 2016-2017, está integrada por:

Junta APA