Procedemento

Reunión coas Familias de Nova Incorporación

ASAC Galicia celebra anualmente dúas reunións para familias de nova incorporación e persoas interesadas en coñecer a labor e funcionamento da Asociación e do programa de enriquecemento Ronsel do Campus.

As familias interesadas en asociarse deben aportar o día da reunión os seguintes documentos cumprimentados debidamente. A falta dalgún dos datos/documentos esixidos pode motivar o rexeitamento da solicitude de admisión:

1. Informe de valoración AACC do neno ou nena
2. Solicitude de admisión
3. Cesión de Dereitos de Imaxe firmada por ambos proxenitores/titores
4. Documento de Datos Bancarios

O Equipo Técnico de ASAC Galicia e a Xunta Directiva serán os encargados de verificar que se dan as condicións e requisitos que se esixen nos Estatutos para adquirir a condición de socio/a.

Cumpridas as especificacións, a nova familia será informada da existencia de praza que deberá aceptar ou rexeitar. Unha vez aceptada, informaráselle da súa inclusión como membro de ASAC Galicia e comezará a gozar de tal condición en todo canto abrangue a dereitos e obrigas.

Documentos

  • NO HAY DOCUMENTOS PARA DESCARGAR
  • A próxima reunión informativa para familias de nova incorporación celebrarase en xaneiro/febreiro do 2019. A data exacta, hora e ubicación será publicada na nosa web e redes s...

    05/10/2018      215 lérona
      1