¿ De onde vimos ?

AS.A.C é unha Asociación de Altas Capacidades, que foi constituída no ano 1995 coas seguintes finalidades:

  •   Facilitar unha educación adecuada ás persoas con altas capacidades.
  •   Favorecer unha apropiada formación das nais e pais o mesmo que as educadoras e educadores para unha mellor comprensión e tratamento das persoas de altas capacidades.
  •   Potenciar as investigacións en altas capacidades.

AS.A.C grazas á colaboración da Faculdade de Psicoloxía, dispón dun lugar no que desempeñar as súas actividades, así coma dunha dirección que sitúa a súa sede social no despacho da Profesora e Directora da Unidade de Investigación e Estudo de Altas Capacidades.

AS.A.C nace sen fins lucrativos, financiándose exclusivamente das cotas das súas socios e socios, tendo coma maior característica a pluralidade entre os seus membros, non estando baixo a tutela nin ou dominio de ningunha interese partidista nin relixiosa.

AS.A.C conqueriu no ano 1997 asinar un convenio de cooperación coa INEF da Coruña de xeito que se puideron desenvolver diversas actividades nas súas instalacións ó longo de dous anos. Algo do que non dispoñemos dende o ano 1999.

Contamos co Cómite Técnicoasí coma con profesionais interesados na temática, principalmente do campo da psicoloxía e do ensino, coma unha equipa de psicólogas para traballar con todas as socias e socios.

¿ Quén somos ?

ASAC é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 1995 como lugar de encontro das familias de nenos con alta capacidade intelectual. Con sede na Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela, esta asociación de pais pretende, a través de obradoiros de enriquecemento e saídas culturais, estimular as capacidades dos seus fillos e proporcionar un ambiente que facilite a convivencia e o desenvolvemento das habilidades sociais. Ademais, prográmanse distintas conferencias e charlas para orientar e formar aos pais no mundo das Altas Capacidades. Un Equipo Técnico colabora na organización das actividades ao tempo que presta información e axuda a aquelas familias e nenos que o necesiten.

Na actualidade somos preto de 300 socios, e aínda que a nosa prioridade xira en torno ao funcionamento da asociación, o noso traballo intenta abarcar outros aspectos, entre os que destacan os seguintes:

  •   Favorecer a investigación sobre as Altas Capacidades, colaborando co Equipo Técnico da Universidade de Santiago de Compostela.
  •   Iniciar e manter un diálogo fluído coa Administración, co fin de que a Consellería de Educación asuma a obriga de adaptar o sistema educativo ás necesidades destes nenos, favorecendo a formación de profesores e orientadores.
  •   Publicitar a nosa Asociación, informando á sociedade sobre a problemática que afectaás nosas familias.

¿ Que facemos ?

Debido a carencia na que está inmersa Galiza en canto a programas de enriquecemento, adaptacións curriculares e outros aspectos que consideramos importantes, entendemos que debemos desempeñar as funcións a nível nacional que neste intre ninguén amosa. Sempre sen deixar de lado a reivindicación do cumprimento das diversas normativas vixentes; que o goberno da Galiza, teña a ben atender.

As actividades que levamos a termo estructúranse en tres trimestres, coma un curso escolar, desenvolvéndose de xeito quincenal (cada dous sábados) na Faculdade de Psicoloxía. Podemos agrupalas en cinco bloques independentes:

Técnico profesional:

  •   Publicación da revista “FAÍSCA” de periodizade semestral, na que se tratan temas de investigación e divulgación.
  •   Presenza e colaboración en congresos que por mor do tema se veñen realizando noutros puntos da Península (Porto, Algarve, Madrid, Valencia, Zaragoza…) nos que a través de ponencias se presenta o traballo que se está desenvolvendo dende AS.A.C
  •   Simposium de Superdotación con asistencia de profesionais e intelectuais a nível internacional.
  •   III Xornadas SINDUR
  •   Congreso Internacional de Altas Capacidades en Filandia (setembro 2006)
  •   Xornadas sobre Integración Social: Aqui collemos todas e todos, Faculdade de Xornalismo, Santiago(outubro de 2006)
  •   VI Congreso Internacional de Altas Capacidades en Finlandia (outubro 2006)
  •   Xornadas de Altas Capacidades e Superdotación, Fundación Caixa Galicia. Santiago (abril 2007)

Escola de nais e pais:

Aproveitando a presenza das nais e pais que veñen a traer as nenas e nenos, realízanse charlas informativas e formativas sobor dos temas de interese a cargo das especialistas correspondentes: “A presenza das drogas”, “Fracaso escolar”, “Problemas de conduta”, “A nova lei de Ed. Especial”…

O Cómite Técnico, co obxectivo de posibilitar a detención de nenas e nenos de altas capacidades en toda Galiza, desenvolveu dende o mes de marzo do ano 1996 até abril do 1997, un programa de traballo no que se observou ó redor de 13.000 rapaces repartidos entre colexios públicos, privados e concertados, así como no ámbito rural e urbano. Dito traballo foi financiado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza, a quen se lle entregaron, por AS.A.C, os resultados definitivos en xuño de 1997.

Este traballo supuxo unha maneira de espallar esta realidade, que en moitos casos, por nova, resulta tamén descoñecida na maior parte dos ámbitos educativos.

Actividades externas:

AS.A.C considera imprescindíbel o contacto coa sociedade, as entidades e institucións que a representan para deste xeito dar a coñecer as particularidades destas rapazas e rapaces de altas capacidades e obter unha mellor integración na sociedade.

Intentamos ter relacións cos medios de comunicación:

  •   Na radio: Radio Voz de Lugo, Radio Galega, Radio-Líder,COPE…
  •   Na prensa: Diario de Ferrol, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Ideal Gallego, Diario de Arousa, Diario Qué…
  •   Na rede: culturagalega.org, galicia-hoxe.com, elcorreogallego.es, nas novas de xunta.es…
  •   Na televisión: Localia TV Compostela, TVG, TVE 1…

O noso paso pola Faculdade de Xornalismo serviu para que o seu alumnado quixera facer documentais, traballos, artigos… obténdose moi bos traballos coma “Raíz cadrada de nove”

Neste curso imos ver un dos nosos soños feitos, estase a traballar nun documental co tema das Altas Capacidades, xa comezouse a traballar nel a finais do curso e neste trimestre rematarase a súa gravación. Verémolo na Televisión Galega.

Despois de todo o que se foi conquirindo dende os principios ata hoxe, é polo que queremos invitarvos a integrares na Asociación para seguer loitando por unha calidade educativa para as nosas fillas e fillos.