Órganos de goberno

Asemblea Xeral

A Asemblea é o órgano supremo de ASAC e radica nela a soberanía da asociación, por ser a expresión directa da vontade das socias e socios.

A Asemblea Xeral Ordinaria terá as seguintes facultades:

  •   Elixir a presidenta ou o presidente e a vicepresidenta ou o vicepresidente de ASAC, así como os restantes membros electivos que constitúan a Xunta Directiva.
  •   Intervir, do xeito que corresponda, nos asuntos de ASAC.
  •   Acordar as decisións que considere conveniente para a boa marcha de ASAC.
  •   Con periodicidade anual examinar e aprobar ou censurar o orzamento e as contas de ASAC.
  •   Aprobar, se procede, a acta da Asemblea Xeral anterior.
  •   Resolver sobre as cuestións e propostas que lle presente a Xunta Directiva.
  •   Aprobar as modificacións estatutarias.
  •   Ratificar a adhesión, federación ou asociación con outras entidades.
  •   Acordar a integración, fusión ou disolución de ASAC.
  •   Modificar o regulamento de réxime interno.

(ASAC Galicia. Estatutos. Art.15. Santiago de Compostela. 2011)

Xunta Directiva

A Xunta Directiva é o órgano que ten ao seu cargo o goberno, xestión e administración de ASAC.

A Xunta Directiva estará composta por:

  •   Un presidente/a
  •   Un vicepresidente/a
  •   Un secretario/a
  •   Un tesoureiro/a
  •   Resto de membros da Xunta Directiva terán a condición de vocais, con un mínimo de tres.

A Xunta Directiva ten as seguintes competencias e obrigas:

  •   Cumprir e facer cumprir as disposicións contidas nestes Estatutos e os acordos validamente adoptados polos órganos sociais de ASAC.
  •   Resolver os procedementos de adquisición e perda da condición de socia e socio.
  •   Elaborar e presentar á aprobación da Asemblea Xeral os orzamentos anuais, así como a memoria e contas de ASAC.
  •   Someter á Asemblea Xeral cantas propostas considere convenientes.
  •   Designar os representantes de ASAC ante calquera outra organización similar e organismos públicos ou privados.
  •   Instruír e resolver os expedientes disciplinarios.
  •   Aprobar os actos e contratos e exercitar os dereitos e accións que non estean expresamente reservados á Asemblea Xeral.
  •   Aprobar as achegas de ASAC a outras entidades.

(ASAC Galicia. Estatutos. Art.15. Santiago de Compostela. 2011)